Home Ourense O Carballiño Cerca dun cento de persoas arroupan a presentación da candidatura socialista no...

Cerca dun cento de persoas arroupan a presentación da candidatura socialista no Irixo encabezada por Iago Fariñas Valiña

- Anuncio -

O comedor do restaurante Abanico no Irixo, quedouse pequeno este pasado venres para acoller o acto de presentación da candidatura do partido socialista encabezada por Iago Fariñas Valiña a alcaldía do Irixo nas próximas eleccións municipais.

Entre o centenar de persoas que se deron cita no Abanico, había moita veciñanza pero tamén moitos cargos do partido socialista que non quixeron deixar pasar a ocasión de apoiar a candidatura do cambio no Irixo encabeza polo seu portavoz municipal dende fai 8 anos Iago Fariñas Valiña.

Entre os asistentes o acto, ademais do Eurodeputado do Grupo Socialista Europeo Nicolas González Casares e do Secretario provincial do PSdG-PSOE Rafael Rodríguez Vilariño que intervirón no acto, tamén asistiron entre outros, o alcalde do Carballiño Francisco Fumega, a deputada no parlamento de Galicia Marina Ortega ou o deputado provincial Diego Fernández, tamén se desprazaron o Irixo os representantes no congreso dos deputados por Ourense Adolfo Pérez Abellas ou Uxía Tizón, tamén o director do Servizo Público de Emprego en Ourense Celso Fernández así como membros da executiva do partido socialista e os candidatos de outros concellos da comarca como Lorena Peleteiro ou María Luisa Lorenzo.

Nun salón cheo, o Eurodeputado do Grupo Socialista Europeo Nicolás González Casares falou das posibilidades de INVESTIMENTOS PARA O FUTURO DO IRIXO dende as institución europeas, e alentou o candidato e futuro alcalde a que conte co Grupo Socialista Europeo e con toda a forza do Psoe e do Goberno de España para presentar proxectos transformadores para o Irixo para aproveitar todos eses fondos que están dispoñibles e esperando a ser investidos en zonas rurais e do reto demográfico coma é o caso do Irixo, asegurando que ese diñeiro con un alcalde da categoría de Iago Fariñas chegara o Irixo e fará realidade esa gran transformación que o Irixo precisa. Falou de distintos proxectos, dos fondos Next Generation da Unión europea ou da chegada do Internet por satélite que se activará en xuño para conectar a España rural e O Irixo gracias o goberno de España.

O Secretario provincial do PSdG-PSOE Rafael Rodríguez Vilariño alabou a traxectoria persoal e profesional do candidato Iago Fariñas Valiña, asegurando que sería un luxo para o Irixo ter o seu fronte unha persoa traballadora e un profesional da talla de Iago Fariñas Valiña, Vilariño desgranou a traxectoria profesional e vital de Fariñas dende a súa formación académica de Licenciado e doutor en Dereito con sobresaliente CUM LAUDE, a máxima cualificación académica universitaria, para destacar a capacidade de xestión sendo xa moi novo como Vicedecano da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo sendo aínda un alumno recen licenciado e alumno de doutoramento.

Proseguiu Vilariño recoñecendo os méritos profesionais como avogado en exercicio dende fai case 20 anos ademais de ser administrador concursal sendo nomeado como administrador por diversos xulgados do mercantil de Galicia cando unha empresa esta en situación de insolvencia…

Segundo Vilariño O Irixo necesita unha persoa como Fariñas que traballe de verdade e en serio polo Irixo, con capacidade e bo facer e recalcando que sabe que o candidato o que mais pon en valor e o amor polo Irixo e por Orosa onde vive dende fai anos.

Iago Fariñas Valiña, Portavoz e Candidato a alcaldía do Irixo tomou a palabra para agradecer a todos os asistentes a súa presencia ademais de ter unha lembranza de todos os candidatos do partido socialista no Irixo que o intentaron antes que el.

Reivindicou o traballo constante e diario fora de grandes titulares, un traballo baseado na constancia e en garantir os servizos básicos a toda a veciñanza do Irixo como así veñen reclamando durante os últimos 8 anos. E non a política de non facer nada en 4 anos e en 4 semanas antes das eleccións querer enganar a veciñanza intentando facer correndo e mal o que xa tiña que estar feito…

Fariñas presentou un a un a todos os membros da súa candidatura, facendo unha breve lembranza de cada unha das persoas que o acompañan, falando da súa capacidade e formación e deixando claro que todos eles, homes e mulleres son do Irixo, indicando incluso os seus pobos e casas e agradecendo a cada un de eles a súa valentía e o seu traballo incansable por querer un futuro mellor para o Irixo. Unhas palabras emotivas que encheron de emoción o acto.

O candidato rematou afirmando que está completamente seguro que este equipo vai escribir os mellores anos do progreso do Irixo.

Recalcou que; “ESTE EQUIPO E O MELLOR INVESTIMENTO PARA O FUTURO DO IRIXO xa que solo TRABALLANDO O IRIXO TEN FUTURO”.

E rematou dicindo que; “SE SE LLE QUERE O IRIXO, ESTE E SEN DUBIDA O MELLOR INVESTIMENTO QUE SE PODE FACER O PROXIMO 28 DE MAIO…”

CANDIDATURA DO PARTIDO SOCIALISTA NO IRIXO

1º.- Iago Fariñas Valiña

2º.- Rosa María Dalama Lousado “INDEPENDIENTE”

3º.- María Dolores Fariñas Ferreiro “INDEPENDIENTE”

4º.- Dolores Dacota Fernández “INDEPENDIENTE”

5º.- Aurelio Barreiro Taboada

6º.- Ángel Ramos Cerdeira “INDEPENDIENTE”

7º.- Juan Pousada Fariñas

8º.- Patricia Nogueira Civeira

9º.- María Rosa García Reinoso

1º Suplente.- Antonio Fariñas Rodríguez

2º Suplente.- Vanesa Otero Dacuña “INDEPENDIENTE”

3º Suplente.- David Rodríguez Tome

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas