HomeOurenseAllariz-MacedaChile, Irlanda do Norte e Xeorxia exhiben a súa paixón polo folclore...

Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia exhiben a súa paixón polo folclore fronte a un público entregado na noite de Maceda 

- Anuncio -spot_img

A rúa do Toural en Maceda transformase hoxe, ás 22,30 horas, no escenario onde actuarán as agrupacións de Chile, Irlanda do Norte, que volve despois de vinte anos, e Xeorxia

As actuacións previstas en Manzaneda de Arxentina, Filipinas e Ucraína tiveron que suspenderse por mor dos incendios que asolan esta zona da provincia 

Mañá, a partir das 22,30 horas, os festivais chegarán ao Parque Preguiza de Verín e ao Parque do Malecón en O Barco

Maceda recibirá hoxe os ritmos e as danzas que contan as tradicións e a historia dos pobos asentados en Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia. O público asistente poderá disfrutar dunha ocasión única para descubrir outras culturas, baixo o nexo común da paixón polo folclore. A cita será na Rúa do Toural, ás 22,30 horas.

Este ano prodúcese ademais un especial reencontro. Case vinte anos despois da súa última participación, o grupo irlandés Royal Tara Dance Academy volve de novo ás Xornadas de Folclore. A agrupación foi creada a finais dos 70 en Antrim, localidade próxima ao oeste de Belfast. Xurdiu como unha escola de baile irlandés tradicional e contemporáneo, coa intención de transmitir ás novas xeracións o orgullo por unha das manifestacións culturais máis significativas de Irlanda, a súa música e baile. A súa profesionalidade e compromiso coa tradición fixo que ampliara a súa influencia coa apertura de delegacións en outras catro localidades da contorna.

O grupo ten recibido numerosos premios e o mundialmente recoñecido espectáculo Riverdance conta cun gran número de bailaríns formados nesta Academia.

As Xornadas de Folclore están organizadas pola  Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Faquín Lorenzo, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

Mañá, 14 de agosto:  Verín e O Barco

Os seis países participantes nesta nova edición das Xornadas continúan mañá a súa viaxe pola provincia ourensá. Arxentina, Filipinas e Ucraína actuarán no Parque Preguiza de Verín, ás 22,30 horas

O Parque do Malecón de O Barco recibirá aos compoñentes das agrupacións procedentes de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.  A cita será ás 22,30 horas.

Publicacións Relacionadas