O Concello reordena o tráfico na contorna da nova estación de autobús, ante a súa próxima entrada en servizo
A próxima apertura da nova estación de autobús no barrio da Ponte fai preciso implementar cambios na ordenación do tráfico na súa contorna, coa finalidade de acadar a máxima seguridade viaria. Así, desde pasado mañá, domingo, día 31 de xaneiro, cambiarán de sentido as 5 rúas adxacentes á rúa de Eulogio Gómez Franqueira.
Concretamente, as rúas San Paio, Francisco Blanco e o último tramo da rúa de San Rosendo serán de sentido único cara a Eulogio Gómez Franqueira.
Pola súa banda, as rúas San Pedro de Mezonzo e Beato Sebastián Aparicio serán de sentido único cara a San Rosendo.
O luns, 1 de febreiro, o Concello realizará obras de instalación dunha nova rede semafórica na zona, que contribuirá tamén a fomentar a seguridade viaria na contorna da estación de próxima apertura.