Remata Aldearmos despois de 5 meses de continuado traballo a prol da democratización da cultural cara as aldeas. Moitos foron as persoas e colectivos interesados en unirse a nós no obxectivo de amosa a vitalidade do rural. A última parada terá lugar no concello de Xunqueira de Ambía, onde seremos recibidos polo proxecto poético de Rochi Novoa e o seu festival: o Tangaraño Cultural.
O programa desta ocasión vai ser moi especial, en canto a presenza de artistas, duración e presenza de representación institucional. Tanto Elena Rivo, vicerreitora do Campus de Ourense, como Jacobo Sutil, director da AGADIC, acompañarán aos proxectos participantes en Aldearmos e na Rede Aldear, neste fin de festa.
A mañá, no claustro de mosteiro de Xunqueira de Ambía, terá un oco ás 12:50 para as intervencións institucionais. O resto do programa ficaría así:
ALDEARMOS TANGARAÑO – XUNQUEIRA – SOBRADELO – SÁBADO 25 DE MARZO
👩🏼🎓11:30 Aldear Campus Auga: ‘ruAllure, camiño de Santiago e tecnoloxía para o rural’. Doutora Ildiko Cspregi e Carlos Barja. Claustro do mosteiro de X. de Ambía.
👩🏻🦽 12:00 Danza: ‘Non me toques o segredo’. Artes pola Integración. Claustro do mosteiro de X. de Ambía.
🐺 12:30 Danza: ‘OUVEO’ de Mikel Aristegui. Claustro do mosteiro de X. de Ambía.
👩👩👧👦 13:15 Actuación do Coro Universitario do Campus de Ourense. Claustro do mosteiro de X. de Ambía.
🗣️ 17:00 Recital de poesía: Belén de Andrade, Nuria RP e PoemaRock coa intervención artística de Moncho Baraceiro. Sobradelo (X. de Ambía).
💥 18:00 Actuación de As da Chispa. Sobradelo (X. de Ambía).
👩🎤 19:00 Concerto de Díaz. Sobradelo. (X. de Ambía).
🎤 20:30 Concerto de Davide Salvado. Sobradelo. (X. de Ambía).
A Rede Aldear conta con 20 socios/proxectos culturais nas provincias do interior. A súa directiva está composta por persoas tan referenciais como a cooperativa Outonía (presidentas) ou o cineasta Oliver Laxe (vicepresidente).
A Rede Aldear lanzou a finais do ano 2022, co apoio da Universidade de Vigo-Campus de Ourens e da AGADIC, a través dos seus fondos Territorio Cultura/NextGeneration, o programa Aldearmos.
Aldearmos é un programa que conta con catro pés que teñen como obxectivo amosar a vitalidade do rural das provincias de Lugo e Ourense e contribuír a asentar proxectos culturais nel.
-Aldear na Escola: foi un programa de intervención socioeducativa que levou 12 xornadas de traballo a diferentes centros educativos do rural das provincias de interior.
-Aldear Campus Auga: un programa de intervencións científicas en contextos non académicos, onde investigadores de primeira liña do Campus de Ourense presentararon os resultados das súas investigación en torno ás comarcas do interior buscando unha interlocución amena e didáctica. Contou con máis de 10 poñentes do Campus de Ourense.
-Aldear Acompaña: unha oficina de promoción económica do 4º sector e móbil, que acompañou as actividades anteriores e mantida por especialistas en economía social.
-Aldear Itinerancias: un programa de eventos en zonas rurais onde se amosaron prácticas e espectáculos de vangarda creados por e para as zonas despoboadas. As itinerancias chegaron a través de 11 festivais e un encontro de emprendemento nas seguintes comarcas: Allariz, A Limia, A Baixa Limia, Terras de Celanova, Ourense, Macizo Central ourensán, Támega, Ribeira Sacra, Terra Chá, Mariña, Courel e os Ancares.
2000 persoas asistiron aos eventos Aldearmos. Aldearmos rematará o seu periplo no claustro do mosteiro de Xunqueira de Ambía cun programa-celebración especial.



