Home Ourense A Limia Colombia, Taiwán e Serbia desfilarán hoxe polas rúas de Xinzo e Castro...

Colombia, Taiwán e Serbia desfilarán hoxe polas rúas de Xinzo e Castro Caldelas acollerá ritmos de Panamá, Senegal e México

- Anuncio -
A partir das 20, 00 horas, partindo dende o Parque do Toural, o público de Xinzo poderá seguir o desfile dos grupos participantes ata a Praza Carlos Casares, onde comezará, ás 20,30, o Festival folclórico

En Castro Caldelas será a Praza do Prado o lugar que se transformará nun escenario único para gozar coas actuacións de Panamá, Senegal e México, ás 22,30 horas

Mañá luns, será o último día desta XXXIX edición na que os grupos actuarán por separado. As dúas citas da noite teñen como epicentro ás vilas de Bande, ás 20,30 horas, e Manzaneda, ás 22,30 horas

Xinzo de Limia acollerá o primeiro dos festivais desta noite cun desfile. Dende o Parque do Toural ata a Praza Carlos Casares, as agrupacións de Colombia, Taiwán e Serbia despregarán toda a vistosidade e os ritmos cos que gañaron os aplausos do público nas dez vilas ourensás que percorreron nesta nova edición das Xornadas de Folclore.

O grupo de Taiwán, Yuan Yuan Dance Group, procedente da zona centro da illa, nace en 1995 co propósito de dar a coñecer a cultura taiwanesa por todo o mundo. Nas súas actuacións representan as festas máis típicas do seu pobo: danzas do dragón, danzas relixiosas, danzas de ano novo ou de agradecemento á natureza polas colleitas. Todo o patrimonio está vinculado á cultura tradicional da China continental, pero non esquecen as danzas aborixes da illa, máis concretamente do pobo Hakka, etnia natural da illa e que mantén a súa cultura tradicional viva.

Unha vez rematado o desfile, o Festival comezará ás 20, 30 horas.

En Castro Caldelas, na Praza do Prado, os asistentes ao Festival poderán descubrir as historias que os ritmos e danzas dos grupos de  Panamá, Senegal e México contan cunha calidade artística extraordinaria, tras anos de intenso traballo e cunha calidade artística

As Xornadas están organizadas pola  Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

Mañá, 19 de agosto:  Manzaneda e Bande

Mañá, luns, será a última cita na que as seis agrupacións folclóricas presenten o seu repertorio por separado, en dous Festivais e en dúas vilas diferentes.

A Praza da Constitución, en Bande, fará viaxar ao público ata Colombia, Taiwán e Serbia ofrecendo un abano das distintas culturas e etnias que habitan nestes países. Será ás 20, 30 horas.

Ata Manzaneda chegará a tradición folclórica de Panamá, Senegal e México. No Patio do Colexio, os asistentes poderán descubrir ás raíces da tradición folclórica dos tres países. Será ás 22,30 horas.

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas