HomeOurenseComezan as obras necesarias para a reapertura das instalacións termais da Chavasqueira...

Comezan as obras necesarias para a reapertura das instalacións termais da Chavasqueira e a súa adaptación á nova lei

- Anuncio -spot_img

Os traballos, orzamentados en 47.474,10 euros, son os necesarios para o cumprimento da lexislación vixente, garantindo as obrigadas condicións hixiénico-sanitarias, explica a concelleira de Termalismo, Flora Moure

A contratación destas obras foi posible tras a obtención da autorización pertinente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e unha vez que está dispoñible a partida de investimentos dentro do Concello de Ourense

“Somos conscientes do inmenso valor que ten esta instalación termal para a cidade, pois foi a primeira de uso público posta en marcha en Ourense. De aí o noso empeño en que toda a obra estea deseñada para garantir a seguridade, presente e futura, nun dos grandes símbolos do noso termalismo”, explica Flora Moure

Esta mañá comezaron as obras necesarias para a reapertura das instalacións termais da Chavasqueira e a súa adaptación á nova lei.

Os traballos, orzamentados en 47.474,10 euros, son os necesarios para o cumprimento da lexislación vixente, así como para implementar unha xestión eficiente e sostible do recurso termal, garantindo unhas condicións hixiénico-sanitarias acordes coa normativa legal, explica a concelleira de Termalismo, Flora Moure.

A contratación destas obras foi posible tras a obtención da autorización pertinente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, e unha vez que está dispoñible a partida de investimentos dentro do Concello de Ourense.

“Somos conscientes do inmenso valor que ten esta instalación termal para a cidade, pois foi a primeira de uso público posta en marcha en Ourense. De aí o noso empeño en que toda a obra estea deseñada para garantir a seguridade, presente e futura, nun dos grandes símbolos do noso termalismo”, explica Flora Moure.

O resumo das obras, que se desenvolverán durante varias semanas, consta dos seguintes traballos:

Actuacións nos sistemas existentes de captación, bombeo e canalizacións para conseguir un caudal suficiente para a renovación total da auga en 4 horas. Neste apartado, revisaranse e melloraranse os sistemas actuais de captación e bombeo e substituiranse as canalizacións danadas polas riadas, mellorando así o caudal termal, reparándose tamén as arquetas para chaves do control de caudal.

Actuacións na estrutura dos vasos para mellorar as condicións de seguridade e accesibilidade. Así, construiranse novas arquetas e abriranse gabias para novas canalizacións. Tamén se acondicionará o solado dos vasos, revisando a comunicación entre os diferentes vasos, desvío e selado de surxencias. Executarase unha nova rampla de acceso ao espazo termal e colocaranse varandas. As obras neste apartado completaranse cunha modificación da entrada e saída de auga do vaso, permitindo así unha renovación e baleirado total.

Actuacións de mellora de fontanería, ducha, arquetas, sistemas de medicións, etc. Van encamiñadas á distribución da auga termal aos diferentes vasos procurando unhas condicións de seguridade e salubridade, con materiais resistentes a estas condicións de composición e temperaturas tan elevadas, así como a un uso racional e sostible do recurso termal. Os traballos completaranse co subministro e instalación de dous contadores de auga termal e un contador de auga fría, coa construción de arquetas na entrada dos vasos. No que respecta ás duchas e vestiarios, realizarase unha revisión completa das duchas coa substitución dos elementos necesarios que están deteriorados (pulsadores, difusores, reixas, etc.).

Instalación dun sistema de balizamento con cordas e postes de madeira para delimitar a instalación termal.

Substitución de sinalética e cartelería para adaptala á normativa vixente.

Publicacións Relacionadas