Irán alternado a súa aprendizaxe na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada, con prácticas a pé de rúa na cidade
Os 18 novos policías que se incorporan á Policía Local de Ourense comezan hoxe as súas prácticas na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada. Estas prácticas desenvolveranse de forma alternativa na academia e a pé de rúa no, nun proceso que lles permitirá adquirir tanto cocementos teóricos como prácticos. Este proceso durará oito meses e “está previsto que a finais de xaneiro de 2022 sexan policías con facultades plenas para desenvolver a súa actividade no Concello”, dixo o Concelleiro de Recursos Humanos, Armando Ojea.
Tamén se agarda a incorporación de sete efectivos de Policía Local que acadaron a súa praza mediante un concurso de mobilidade, só a expensas de resolver cuestións burocráticas.
As prazas forman parte da Oferta Pública de Emprego do ano 2020 -aprobada o pasado verán, a primeira celebrada no Concello en máis de 5 anos-, que se marcou como principal obxectivo reforzar os servizos de Policía Local e de Bombeiros, fortemente afectados por xubilacións ao longo dos últimos anos. Así, a oferta de emprego para 2020 prevé a incorporación destes 25 policías municipais e tamén de 12 bombeiros-condutores.



