Desde Podemos Ourense manifestamos a nosa consternación ante a continuada falta de respecto das mínimas normas de ética política e de boa gobernanza que de maneira continuada mostra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o seu minguado grupo de goberno.
Do mesmo xeito culpamos ao Partido Popular de ser corresponsable de todas e cada unha das accións disparatadas do alcalde, ao cal manteñen no poder como parte dun vergoñento pacto de repartición de poderes.
Non por esperado é menos terrible o ver como na cabalgata de reis do pasado 5 de xaneiro de 2023, volveron ser usados de forma cruel animais vivos, poñéndose incluso a súa vida e integridade en perigo, e por desgraza tampouco supón unha sorpresa que a figura do Rei Meigo Baltasar encarnásea un dobre condenado por violencia contra as mulleres, xa que este acontecemento está acorde coa forma de gobernar do alcalde ourensán, baseada no desprezo a calquera tipo de mesura e bo xuízo políticos.
Instamos tamén á Fiscalía Provincial de Ourense e ao Tribunal de Contas da Xunta de Galicia a que investiguen o mencionado caso de contratación dun condenado, xa que se trata dun grave inclumplimento da lei Lei 26/2015, do 28 de xullo de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.
O candidato á alcaldía por parte de Podemos Ourense sinala que “é imprescindible e urxente a unión de toda a esquerda ourensá nun proxecto de garantías que sexa capaz de rematar co pesadelo que supuxeron os gobernos do Partido Popular e de Democracia Ourensá, para acabar dunha vez por todas con decisións política lamentables e perniciosas para Ourense”



