HomeOurenseComunicado de repulsa polo uso de animais nas carrozas de Papa Noel...

Comunicado de repulsa polo uso de animais nas carrozas de Papa Noel e Reis Magos

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense ven de anunciar que nas vindeiras festas do Nadal, os Reis Magos volverán percorrer a cidade ao lombo de tres dromedarios. Desta vez, ao lamentábel e doloroso espectáculo do pasado ano, engadiranse renos á comitiva de Papá Noel.

Non só non se corrixe o erro do pasado Nadal, senón que o agravio multiplícase. Podemos Ourense ten un firme compromiso coa loita polo benestar animal, por iso compartimos e apoiamos as denuncias ao respecto por parte de asociacións animalistas e ecoloxistas como Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra, a Fundación Franz Weber ou a asociación estatal de veterinarios Avatma.

Hai informes expertas no campo da Veterinaria que alertan sobre o sufrimento dos animais nestes contextos. Por moi acostumados que poidan estar ás persoas non deben participar en desfiles onde sofren tocamentos ou ruído ambiental intenso (berros, música á gran volume…).

A fauna silvestre debe estar no seu hábitat, non ver a súa vida explotada por intereses económicos da empresa (a mesma que o pasado ano) que aluga aos animais como reclamo.

As grandes cidades que xa renunciaron hai tempo a empregar animais vivos nestas cabalgatas do Nadal, comprobaron que a asistencia non só non se resinte, se non que se reforza con moita máis animación. Porque a sangría de cartos públicos empregados neste noxento espectáculo (curiosamente sempre ao límite do “contrato menor” para non ter que sacalo á concurso público) pódese empregar noutras actividades festivas.

Cando falamos de recuperar o orgullo de ser de Ourense, incluímos renunciar á vergonza que supón para a nosa cidade o maltrato animal.

Publicacións Relacionadas