Home Ourense Comunicado do Partido Popular de Ourense sobre o posicionamento no Concello da...

Comunicado do Partido Popular de Ourense sobre o posicionamento no Concello da capital

- Anuncio -

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ourense absterase nas oito modificacións de crédito que o goberno de Democracia Ourensana presentará no pleno extraordinario previsto para esta mañá, como resultado do compromiso do alcalde para a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do Plan de Estabilización de emprego temporal, tal e como xa está publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

O posicionamento dos concelleiros populares no pleno de hoxe é absolutamente coherente coa postura mantida ata hoxe polo PP, que sempre negouse a admitir as pretendidas modificacións do rexedor no citado Plan de Estabilización, mantendo que non habería apoio algún a calquera modificación de crédito mentres non se respectasen os dereitos dos traballadores.

En todo momento a pretensión do Partido Popular foi evitar calquera prexuízo aos empregados municipais, cumprindo co compromiso adquirido polos populares: garantir o mantemento das condicións iniciais de estabilización, nos termos que os representantes dos traballadores reivindicaban.

A mesma coherencia no posicionamento do PP reflíctese en que, en todo momento, advertiu ao goberno de Democracia Ourensana e aos partidos da oposición que o Partido Popular nunca sería un obstáculo para os intereses de Ourense e da súa cidadanía.

Cuestións referidas a educación, participación cidadá, Protección Civil, Policía Local, infraestruturas, medio ambiente, asociacións veciñais, axudas aos clubs deportivos, pero non os festexos, son o suficientemente importantes para esta cidade e os seus habitantes como para desbloquear a súa tramitación.

O Partido Popular lamenta que mentres os nosos representantes traballan baixo premisas claras e definidas, o resto dos partidos da oposición dediquen o seu tempo á única procura do poder, sexa mediante unha farsa de moción de censura no Concello ou o intento de desaloxar ao Goberno popular na Deputación de Ourense.

Ante este “xogo de tronos” por parte dos partidos socialista e nacionalista, o Partido Popular de Ourense comprométese a seguir apoiando as cuestións que sexan de absoluta necesidade e importancia para cidadanía que resida tanto na capital como no resto da provincia.

Relacionadas

Bombeiros equipados con diverso material do Consorcio Provincial de Ourense parten cara Valencia para...

0
Estes efectivos ourensáns partiron esta mañá desde o parque de bombeiros de Verín e acoden aos territorios afectados pola DINA en colaboración coa Axencia...

A Xunta, o concello de Ourense e os praceiros asinan o protocolo para o...

0
― Goberno autonómico e municipal acordan unha cofinanciación máxima de 2M€ para as obras de adecuación que sexan consensuadas, investimento para o que a...

Luis Menor e José Ramón Lete reforzan a cooperación institucional a prol das infraestruturas...

0
O presidente da Deputación e o secretario xeral para o Deporte, Luis Menor e José Ramón Lete, respectivamente, mantiveron esta mañá unha reunión de...

O Auditorio de Ourense acollerá os días 8 e 9 de novembro o III...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Asuntos Sociais, Tamara Silva, participaron esta mañá no acto de presentación, na Praza...

A Xunta de Goberno autoriza a ampliación do prazo de execución das obras de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá en sesión extraordinaria e urxente autorizar a ampliación, nun mes e medio,...

Presentado o primeiro torneo de mus Concello de Ourense San Martiño, que se desenvolverá...

0
O salón de plenos acolleu esta mañá a presentación do primeiro torneo de mus Concello de Ourense San Martiño, que organiza a Asociación de...

Publicacións Relacionadas