Concello, asociación de construtores e os colexios de arquitectos e arquitectos técnicos constitúen a Mesa polo desenvolvemento urbano sostible da cidade de Ourense

adminON
Lectura mínima de 1

O acordo busca fomentar  a colaboración entre o sector público e o privado e servir como espazo de comunicación e análise

Esta mañá no Concello de Ourense tivo lugar constitución da Mesa polo Desenvolvemento urbano sostible da cidade de Ourense, nunha xuntanza na que participaron o concelleiro de Urbanismo do Concello de Ourense, Francisco Lorenzo, a presidenta da xunta directiva da delegación en Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Emma Noriega, o presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense, Darío López,  e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense, Santiago Ferreiro.

Este acordo busca fomentar  a colaboración entre o sector público e privado para mellorar o desenvolvemento urbano de Ourense, asegurando que se realice de maneira sostible e eficiente.

A mesa servirá como un espazo de comunicación e análise, onde se poderán discutir e resolver incidencias relacionadas coas actuacións urbanísticas. Ademais, estableceranse acordos de colaboración específicos entre as entidades participantes, o que permitirá un traballo conxunto máis efectivo.

Comparte este artigo