HomeOurenseConcello de Ourense e Ecovidrio lanzan unha campaña intensiva para mellorar a...

Concello de Ourense e Ecovidrio lanzan unha campaña intensiva para mellorar a reciclaxe de residuos de envases de vidro usando ferramentas de intelixencia artificial

- Anuncio -spot_img
  • A análise de datos realizada por Ecovidrio mediante IA e analítica de datos identifica un gran potencial de recollida nos barrios do Couto e arredores de Ponte Vella CC, Parque San Lázaro e Pardo de Cela
  • Para mobilizar á poboación levarase a cabo unha campaña informativa e de sensibilización coa visita a 10.600 domicilios

O Concello de Ourense e Ecovidrio utilizan, por primeira vez, a intelixencia artificial nunha campaña de mobilización cidadá que ten como obxectivo incrementar as toneladas de residuos de envases de vidro recollidas a través do contedor verde, sensibilizar os ourensáns sobre a importancia da reciclaxe e mellorar as taxas de recuperación.

Ecovidrio leva case 30 anos operando sobre o terreo e sabe o que se recolle a diario nos 300.000 contedores que ten distribuídos por todo o país. Neste caso, cruzando os datos de recollida de Ourense con variables sociodemográficas –como a densidade de poboación e o consumo– mediante ferramentas de intelixencia artificial e analítica de datos e comparándoos con outras zonas similares, pode determinar en que zonas do municipio, a nivel de unidade censual, é prioritario actuar porque existe un maior potencial de recollida.  Así, o Concello e Ecovidrio decidiron actuar sobre os barrios do Couto e arredores do centro comercial Ponte Vella, o Parque de San Lázaro e a Avenida de Pardo de Cela, impactando, en concreto, en 14 unidades censuais e 10.600 domicilios.

Mobilización cidadá e contenerización

Os máis de 17.000 habitantes residentes nas áreas identificadas recibirán unha carta nas súas vivendas e un equipo de educación ambiental realizará visitas aos seus domicilios para proporcionarlles información sobre a campaña, resolver dúbidas e poñer de manifesto a importancia da reciclaxe de envases de vidro para o medio ambiente e o futuro sostible de Ourense.

Adicionalmente, co obxecto de facilitar a reciclaxe de vidro, estes educadores entregaranlles bolsas para que poidan realizar a separación de residuos desde os seus fogares. Por último, este equipo de educación determinará posibles puntos de afluencia onde se poidan desenvolver campañas informativas a pé de rúa, para reforzar así a mensaxe e importancia da reciclaxe.

O vidro, exemplo perfecto de economía circular

O vidro que se deposita nos contedores recíclase ao 100% e utilízase para a fabricación de novos envases, de forma indefinida e sen perder as propiedades orixinais. Hoxe en día, recíclanse 7 de cada 10 envases de vidro no noso país. Un sinxelo xesto, como depositar o vidro no contedor verde, tradúcese en numerosos beneficios ambientais relacionados coa loita contra o cambio climático.

Con só 10 botellas de vidro logramos:

–           Aforrar a enerxía que consome un smartphone durante case un ano

–           Evitar a emisión de gases de efecto invernadoiro que xera un coche en 15 quilómetros

Entidade especializada en vidro

Ecovidrio é unha organización sen ánimo de lucro formada por empresas para xestionar conxuntamente os seus residuos de envases de vidro, garantindo a súa reciclaxe e cumprindo coa normativa ambiental. A entidade é o único SCRAP (Sistema Colectivo de Responsabilidade Ampliada do Produtor) especializado en vidro que xestiona sobre o terreo a recollida selectiva e dá resposta á sostibilidade dos envases de vidro desde a orixe.

Publicacións Relacionadas