Free Porn
xbporn
Home Ourense Concello e universidade analizarán o potencial dos baños termais para acadar beneficios...

Concello e universidade analizarán o potencial dos baños termais para acadar beneficios no corpo humano similares á actividade deportiva

- Anuncio -

“Se as nosas sospeitas son correctas, sería un filón de ouro e un reclamo adicional para aproveitar o potencial termal da cidade”, asegura o alcalde, quen promove esta iniciativa

Recentes estudios aputan a que o baño termal produce unha perda de calorías similar á dunha camiñata de media hora

O Concello ultima o protocolo para solicitarlle á Xunta autorización para reabrir as áreas termais das Burgas e a marxe do Miño, adaptándoas á nova normativa

O Concello de Ourense analizará coa universidade o potencial dos baños termais para producir no corpo humano beneficios similares aos dun adestramento ou unha actividade deportiva. Trátase dunha iniciativa do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que ten como finalidade “dotar dun reclamo máis ao termalismo desta cidade”.

Estudios científicos puxeron recentemente de manifesto que un baño en augas termais xenera un gasto de enerxía que dá lugar a unha perda de calorías similar ás que se rexistran en actividades como camiñar durante media hora. O Concello pretende contrastar este potencial a través dunha investigación específica que lle encomendará a unha universidade e poñelo ao servizo do aproveitamento dos recursos termais da cidade.

O alcalde sostén que o termalismo de Ourense “necesita un cambio importante para aproveitar o seu potencial. Tal como está é un diamante en bruto e para isto queremos poñer sobre a mesa algo que podería ser un reclamo adicional para unha cidade que é a segunda de toda Europa con maior caudal de augas termais”.

Por este motivo, explica, “queremos encargarlle a unha universidade que realice un estudio desde o seu departamento de Fisioloxía que corrobore o efecto cardiovascular que ten un baño quente no corpo humano, e que segundo recentes estudios, produciría un efecto similar ao dun exercicio aeróbico e unha perda considerable de calorías, equivalente a un paseo. Se as nosas sospeitas son correctas, sería un filón de ouro e un reclamo adicional, xa que aos aos beneficios que un baño termal produce na pel, nos músculos ou nos ósos, engadiriamos un beneficio deportivo, un adestramento pasivo”

Reapertura das áreas termais

O alcalde avanzou que o Concello ultima estes días o protocolo para solicitarlle á Xunta de Galicia a autorización para reabrir as áreas termais gratuíras das Burgas e a marxe dereita do río Miño: A Chavasqueira, O Muiño e Outariz. Unha reapertura, explica, “que hoxendía non se pode facer porque cambiou a normativa e non se poden abrir as termas da mesma forma que funcionaban na etapa pre-COVID”. O Servizo de Termalismo ultima a elaboración do protocolo para “adaptarnos ao que agora mesmo marca a lei”.

Relacionadas

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

O alcalde de Ourense recibe a xogadora ourensá internacional Carlota Álvarez

0
A xogadora do Club Hockey Albor de Ourense vén de proclamarse subcampiona de Europa sub 21 de hockey herba O alcalde de Ourense, Gonzalo P....

Comezan catro días de festas na Ponte na honra de Santiago Apóstolo

0
Os festexos desenvolveranse desde o mércores 24 ao sábado 27 de xullo Os locais de hostalería ampliarán o seu horario por un máximo de dúas...

A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou 8 acordos na súa sesión ordinaria...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adoptou 8 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ás 8.30 h...

O Pleno aproba os convenios de colaboración que permitirán construír sete residencias para maiores...

0
A institución provincial investirá 2.650.916,95 euros nas anualidades de 2024 e 2025 para cofinanciar a construción de centros para maiores na Gudiña, A Teixeira,...

Publicacións Relacionadas