HomeOurenseConcello e UVigo asinan un convenio para crear un Espazo Maker para...

Concello e UVigo asinan un convenio para crear un Espazo Maker para fomentar a innovación tecnolóxica e creativa

- Anuncio -spot_img

Estará no campus e porá á disposición da cidadanía ferramentas tecnolóxicas para desenvolver proxectos e acollerá actividades para fomentar a creatividade entre os escolares

O alcalde e o reitor firmaron o convenio, no marco do proxecto Emprende Makers, que se desenvolve dentro do programa INTERREG V-A

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa asinaron onte o convenio de colaboración entre o Concello e a universidade para crear no campus de Ourense un espazo maker para fomentar a innovación tecnolóxica e creativa. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve no marco do proxecto Emprende Makers, do que son beneficiarios concello e universidade, que foi aprobado na 2ª convocatoria do programa INTERREG V A España Portugal (POCTEP) 2014 -2020 e está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

O proxecto Emprende Makers ten como principal obxectivo crear e desenvolver unha rede de emprendemento baseada en centros de fabricación dixital e prototipado da Eurorrexion Galicia-Norte Portugal que actuará como un espazo común de innovación tecnolóxica e creativa. Facilitará que as persoas interesadas (especialmente os máis novos) poidan acceder a un espazo e a unhas ferramentas que permitan desenvolver proxectos de carácter tecnolóxico e creativo dende a súa concepción e prototipado ata o seu testeo e adaptación ás necesidades do mercado e a sua posterior aceleración e lanzamento.

Así, o proxecto prevé poñer a disposición dos usuarios interesados unha serie de espazos e sistemas que fomenten o emprendemento e a creatividade na área de innovación. Neste espazo “Maker” habilitarase tamén un espazo “Kids” para fomentar o emprendedurismo e a innovación social a idades temperás, onde potenciar a creatividade e a capacidade de innovar, a través de actividades lúdicas e educativas enfocadas ao deseño e á fabricación dixital.

Neste marco, o convenio asinado este luns establece as bases de colaboración entre o Concello de Ourense e a Universidade para poñer en marcha este “Espazo Maker”. Estará nas instalacións do campus de Ourense e dotarase de tecnoloxías e ferramentas dixitais (impresoras 3D, cortadoras láser, realidade aumentada, big data …) enfocadas ao deseño e a fabricación dixital.

Publicacións Relacionadas