A Praza Maior de Ourense acolleu este mediodía unha concentración silenciosa con motivo do primeiro aniversario da guerra en Ucraína, á que asistiron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e representantes de todos grupos políticos municipais. Foi unha iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en solidariedade coa poboación ucraína e cos seus millóns de persoas desprazadas, así como para pedir a fin do conflito bélico orixinado polo presidente ruso contra a nación de Ucraína e o restablecemento da paz e da legalidade democrática.



