HomeVianaA GudiñaConde avalía cos alcaldes da Gudiña, da Peroxa e de Riós novas...

Conde avalía cos alcaldes da Gudiña, da Peroxa e de Riós novas oportunidades para o tecido empresarial destes concellos

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana encontros cos tres rexidores

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana encontros cos alcaldes da Gudiña, José María Lago, de Riós, Francisco Veiga e da Peroxa, Manuel Seoane, para avaliar oportunidades para o tecido empresarial e medidas que poidan impulsar a actividade industrial en ambos os dous concellos.

O vicepresidente económico interesouse pola proposta do Concello da Gudiña para a produción enerxética a pequena escala, en liña cos obxectivos dos fondos europeos Next Generation en materia de economía circular, transición enerxética e desenvolvemento rural, a través de aldeas xeradoras.

A Xunta destaca as vantaxes coas que os tres municipios contan ao ser Concellos Emprendedores, xa que teñen prioridade en liñas de axudas destinadas a impulsar a fábrica intelixente, o emprego de calidade ou o emprendemento baseado na innovación e no talento. Pola súa parte, os concellos comprométense a ofrecer ás empresas que se instalen nas súas localidades máis incentivos fiscais, maiores facilidades para acceder ao solo empresarial e simplificación na tramitación administrativa.

O Goberno galego tamén está a traballar, no marco do Plan de reactivación, en medidas coas que se mobilizarán 3000M€ en investimento público e privado. En concreto, desde a Vicepresidencia segunda ofrécense 180 millóns para financiamento e 170,5M€ para distintas liñas de axudas directas relacionadas coa dixitalización, a innovación, o apoio a sectores afectados, a eficiencia enerxética, a mobilidade sustentable ou a transformación empresarial.

Publicacións Relacionadas