O Concello de Piñor informa de que se vai a continuar coa actividade MENTE ACTIVA, debido á gran acollida que tivo por parte da poboación. Consiste en talleres de estimulación cognitiva. Como entidade dentro da rede de Concellos Saudables, o obxectivo é atender ás necesidades da poboación en todo o que ateña á súa saúde, promovendo o benestar da veciñanza.
“Mente activa” consiste na realización semanal de actividades de estimulación cognitiva impartidas por un profesional da materia, destinadas a persoas de 60 anos en adiante. Chegada unha idade, é moi importante manter a mente en forma, non soamente o corpo. A estimulación cognitiva é un conxunto de técnicas que procuran a mellora de capacidades cognitivas como a memoria, a atención, a linguaxe… e que ademais pode traer beneficios coma os seguintes:
-Reforzar a autonomía funcional das persoas maiores para realizar tarefas da vida cotiá de forma autónoma.
-Ralentizar o proceso de deterioro cognitivo.
-Reforzar e aumentar a autoestima da persoa.
-Fomentar a interacción social e evitar que as persoas queden illadas.
-Evitar episodios de estrés e ansiedade provocados polo deterioro cognitivo.
-Mellorar a calidade de vida da persoa e a súa sensación de benestar emocional e psicolóxico e de saúde xeral.
A actividade levarase a cabo os xoves de 10h a 11h no Centro Social de Albarona, dende o 1 de febreiro ó 20 de xuño de 2024.
Toda persoa interesada en participar pode solicitar máis información e inscribirse nos Servizos Sociais.