Home Deputacións Deputación Ourense Corenta cociñeiros compiten en Ourense pola mellor tapa no II Campionato de...

Corenta cociñeiros compiten en Ourense pola mellor tapa no II Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia

- Anuncio -

Na inauguración hoxe en Ribadavia, Rosendo Fernández salientou a importancia de acoller este evento no noso territorio porque “nos permite continuar a proxectar a imaxe de Ourense como destino enogastronómico de calidade”, e agradeceu o traballo que realizan os cociñeiros para facer lucir os seus pratos coa súa “imaxinación e corazón” 

O presidente da Academia da Tapa e o Pintxo de España, entidade organizadora, Mikel Martínez, asegurou que esta segunda edición “será un éxito porque estamos convencidos de que o nivel é máis alto co da primeira edición, tendo en conta as receitas coas que se postulan os diferentes cociñeiros” 

Esta mañá comezou a segunda edición do Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia que reúne en Ourense a 40 cociñeiros galegos para competir pola mellor tapa. A xornada inaugural tivo lugar hoxe en Ribadavia, en Casal de Armán, a cargo do presidente do Inorde e deputado delegado de Turismo, Rosendo Fernández; o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o xefe da área provincial de Turismo da Xunta en Ourense, Cecilio Santalices; e o presidente da Academia da Tapa e o Pintxo de España, Mikel Martínez, entidade organizadora do campionato.  

Na súa intervención, Rosendo Fernández salientou a importancia de acoller este evento no noso territorio porque “nos permite continuar a proxectar a imaxe de Ourense como destino enogastronómico de calidade”. Puxo en valor a implicación tamén do sector privado afirmando que a “cooperación é fundamental para sacar adiante proxectos desta magnitude a unha provincia que pode presumir da contar con produtos locais de calidade, dos que temos unha boa mostra hoxe aquí”. Así mesmo, o presidente do Inorde tivo palabras de agradecemento para todos os cociñeiros participantes por ser quen de facer lucir os seus pratos grazas “a imaxinación e o corazón que lle poñen en cada un deles”. 

Nesta mesma liña, Cecilio Santalices lembrou que a “gastronomía é o segundo motivo que atrae cada vez máis turistas a Galicia”, reafirmando o apoio da Axencia de Turismo de Galicia de compromiso coa posta en valor do turismo enogastronómico a través deste tipo de eventos que “poñen no mapa a nosa ampla riqueza gastronómica”.  

Pola súa parte, o concurso tamén pretende “apostar pola gastronomía en miniatura para incentivar a innovación e a creatividade entre os hostaleiros galegos, así como promocionar aos pequenos produtores ourensáns e ás empresas do sector agroalimentario”, dixo Mikel Martínez, convencido de que “será un éxito porque estamos convencidos de que o nivel é máis alto co da primeira edición, tendo en conta as receitas coas que se postulan os diferentes cociñeiros”. 

Xurado e premios  

O campionato celebrarase en dúas sedes da provincia: en Casal de Armán en Ribadavia e no Hotel OCA de Allariz. Finalizará mañá martes, 17 de outubro, cando o xurado integrado por cinco expertos escollan as mellores tapas de Galicia, que darán a coñecer a partir das 17.00 horas. O xurado está integrado polo cociñeiro e comunicador gastronómico, Daniel del Toro, presidente tamén do xurado desta segunda edición; o cociñeiro vasco Igor Rodríguez; o xornalista Pedro Palacios; a recoñecida chef Eva Millán; e o campión de España e subcampión do Mundo no ano 2021 de tapas e pinchos, Emilio Martín.  

O xurado outorgará os tres premios principais, que reparten máis de 3.000 euros en produtos das empresas patrocinadoras e colaboradoras. Os participantes tamén optarán a gañar un dos dez premios especiais que valoran a cociña de aproveitamento, a innovación, a sustentabilidade e o acompañamento con viño e cervexa, así como a estética, o bo uso dos produtos da terra, entre outros.   

O evento pode seguirse en directo a través de academiadelatapa.com  

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas