Corte de tráfico por obras no treito superior da rúa Bedoya, desde a Avenida de Bos Aires até Pardo Bazán

adminON
Lectura mínima de 1

O treito superior da rúa Bedoya, desde a Avenida de Bos Aires até a rúa Emilia Pardo Bazán, estará pechado ao tráfico rodado ata o día 5 de novembro pola execución de obras de canalización e asfaltado. Está permitido o acceso aos garaxes autorizados con licenza de vao, con entrada e saída a través da Avenida de Bos Aires (para os garaxes que se atopan antes do número 26/28) e da rúa Emilia Pardo Bazán (para os que se atopan despois).

Comparte este artigo