HomeOurenseCortes de tráfico na contorna do estadio do Couto, esta fin de...

Cortes de tráfico na contorna do estadio do Couto, esta fin de semana, pola disputa da Copa do Rei

- Anuncio -spot_img

Os partidos UD Barbadás – Real Valladolid CF, o sábado ás 16.00 horas, e Ourense CF – AD Alcorcón, o domingo ás 17.00 horas, obrigan a modificar o tráfico rodado ao redor do recinto deportivo.


Habilitarase unha parada de taxis provisional na praza Sorolla con rúa do Serán, e as liñas de autobuses non sufrirán modificacións.

Os partidos que disputarán esta fin de semana no estadio do Couto a UD Barbadás e o Ourense CF, correspondentes á primeira eliminatoria da Copa do Rei de fútbol, obrigarán a realizar cambios no tráfico rodado ao redor do campo de xogo.

Sábado, 12 de novembro: UD Barbadás – Real Valladolid CF. O partido disputarase ás 16.00 horas, polo que se cortará ao tráfico a rúa do Serán desde as 13.30 horas e xa non se permitirá o estacionamento até o remate do partido do domingo. Ademais, desde as 14.00 horas impedirase o tráfico polas rúas Simón de Monasterio e Carlos Maside até a fin do encontro.

Domingo, 13 de novembro: Ourense CF – AD Alcorcón. O partido do domingo será ás 17.00 horas, polo que as limitacións de tráfico na contorna comezarán unha hora máis tarde: cortarase ao tráfico a rúa do Serán desde as 14.30 horas e ás 15.00 horas nas rúas Simón de Monasterio e Carlos Maside até a fin do encontro.

Habilitarase unha parada de taxis provisional na praza Sorolla con rúa do Serán, no lateral do estadio do Couto. As liñas de autobuses non sufrirán modificacións, polo que as paradas manteranse activas durante toda a fin de semana.

Publicacións Relacionadas