A rúa Parada Justel estará pechada ao tráfico o domingo, 14 de abril, pola execución de traballos de retirada dun guindastre torre. A rúa Santo Domingo estará pechada ao tráfico desde o luns, 15, até o xoves, 18 de abril, de 10 a 18 horas, desde o acceso pola rúa da Concordia, pola execución de obras no edificio de Facenda.

