Cortes de tráfico nas rúas Ervedelo e O Progreso o vindeiro luns á noitiña pola celebración da procesión de Fátima

adminON
Lectura mínima de 2

A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a celebración da tradicional procesión de Fátima (desde o barrio do Couto até a catedral de San Martiño) requirirá o vindeiro luns, día 13 de maio, pechar ao tráfico de vehículos desde as 22.00 horas as rúas polas que discorrerá:

  • Ervedelo, desde a intersección coa Rúa Monseñor José Álvarez até O Progreso
  • O Progreso, desde a intersección con Ervedelo, desviando o tráfico á altura da rotonda de Concepción Arenal, e desde a baixada á Praza de Abastos, desviando o tráfico cara á rúa Irmáns Xesta.

Tamén se pecharán ao tráfico diferentes vías que xa son peonís, como son a Praza de Eugenio Montes, a rúa Cruz Vermella, a rúa Lamas Carvajal, a Praza de Santa Eufemia e a rúa Xoán de Austria.

Consellos de seguridade para participar na procesión

Protección civil estará presente en cada un dos cruzamentos por onde discorrerá a procesión, coa finalidade de informar de calquera incidencia que se poida producir, así como de resolvela, e de prestar atención de primeiros auxilios se fose precisa. A procesión estará cardio protexida, xa que durante o percorrido disporán de desfibriladores por se resultasen necesarios

Desde o servizo municipal solicitan que o público participante siga as instrucións que en cada momento se dean desde a Policía Local e da propia Protección Civil, que garde a debida precaución e distancia coas velas para evitar queimaduras accidentais e siga calquera outra medida ou indicación que se repita a través da megafonía e a radio.

Lembran desde Protección Civil que esta procesión é unha das concentracións de persoas máis numerosa das que se realizan na nosa cidade, e o obxectivo do servizo municipal é que discorra de forma dinámica e segura.

Comparte este artigo