Home Ourense A Limia Culminada a rehabilitación da casa reitoral de Xinzo, que contou coa colaboración...

Culminada a rehabilitación da casa reitoral de Xinzo, que contou coa colaboración da Deputación

- Anuncio -

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde á inauguración do edificio, valorando a importancia da “cooperación entre administracións públicas como panca para acometer proxectos coma este”

A reforma integral da casa reitoral, que terá usos parroquiais, culturais e sociais, realizouse a través dun convenio de colaboración entre Deputación de Ourense, o Concello de Xinzo, a Xunta de Galicia e o Obispado de Ourense

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde á inauguración da casa reitoral de Xinzo de Limia, rehabilitada para usos parroquiais, culturais e sociais. Un proxecto que contou cun investimento do goberno provincial, dentro dun acordo de colaboración co Concello de Xinzo, a Xunta de Galicia e o Obispado de Ourense.

Rosendo Fernández estivo acompañado, entre outros, polo obispo de Ourense, Leonardo Lemos; a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Rosendo Fernández valora a importancia dunha actuación que realiza un “acondicionamento integral” dun edificio que sufría humidades, ademais de habilitar tres vivendas para sacerdotes da parroquia no primeiro piso e a recuperación de pezas arquitectónicas tradicionais. O vicepresidente primeiro tamén destaca a importancia dos “novos espazos que terán asociacións como Cáritas na parte inferior da casa reitoral”.

Esta obra, reivindica Rosendo Fernández, pon en valor a importancia da “cooperación entre administracións públicas, un eixo imprescindible na folla de ruta da Deputación de Ourense, sempre disposta a atender as necesidades dos concellos, entidades e asociacións ourensáns”.

Relacionadas

Luis López preside o Pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do...

0
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Luis López, xunto cos deputados provinciais Javier Tourís e Alejandro Lorenzo, presidiron esta mañá o Pleno do...

A Deputación concede 13.000 euros do Plan de Infraestruturas Deportivas á Illa de Arousa...

0
A través deste plan distribuíronse xa máis de 1,8 millóns de euros entre 30 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes A Deputación de...

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Publicacións Relacionadas