Desde o Concello de Chandrexa de Queixa informamos do acordo que acaba de adoptar por unanimidade a Corporación Municipal, en pleno extraordinario celebrado esta mañá ás 10:00 horas, relativo a solicitar solicitar ao Goberno Central que o Consello de Ministros declare o Concello de Chandrexa de Queixa “zona catastrófica” ou “zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil”.