HomeOurenseDesde Podemos anunciamos que presentamos un requerimento formal ao Concello deOurense para...

Desde Podemos anunciamos que presentamos un requerimento formal ao Concello deOurense para coñecer o proxecto aprobado en pleno sobre o Xardín do Posío

- Anuncio -spot_img

Desde Podemos anunciamos que presentamos un requerimento formal ao Concello de Ourense para coñecer o proxecto aprobado en pleno sobre o Xardín do Posío, así como todas as actuacións realizadas durante as obras e calquera modificación que puidese sufrir o proxecto inicial.

Non podemos permanecer calados ante o que consideramos un auténtico atentado medioambiental. Este xardín é un espazo emblemático da cidade e non pode ser desvirtuado nin destruído pola desidia e a falta de responsabilidade das autoridades municipais. Por iso, o noso portavoz Francisco Diéguez confirmou que está a valorar levar este caso á Fiscalía, á Valedora do pobo e á Consellería de Medio Ambiente para garantir que se protexa o noso patrimonio natural e urbano.

O portavoz de Podemos Ourense engadiu: “O que está a suceder no Xardín do Posío non é un erro menor, é un atentado contra a cidade. É inaceptable que o alcalde permita estas actuacións e que os partidos que aprobaron o proxecto permanezan impasibles ante as modificacións que agora se están a executar”.

Criticamos con rotundidade a pasividade das forzas políticas no pleno: apoiaron un proxecto e agora consinten con total indiferencia que se altere de xeito grave un espazo público. “A cidadanía merece respecto e transparencia. Non podemos permitir que Ourense perda un espazo histórico e medioambiental por negligencia política”, engade o portavoz.

Desde Podemos Ourense exiximos transparencia, responsabilidade e actuación inmediata. O Concello debe explicar de forma clara e detallada todas as modificacións e actuacións realizadas, e asumir as consecuencias de calquera alteración que prexudique o proxecto aprobado. A defensa do medio ambiente e do patrimonio urbano non admite retrasos nin desculpas.

Publicacións Relacionadas