HomeOurenseDesde Podemos Ourense denuncian unha vez máis a incompetencia e mala xestión...

Desde Podemos Ourense denuncian unha vez máis a incompetencia e mala xestión do alcalde Gonzalo Pérez Jácome

- Anuncio -spot_img

Desde Podemos Ourense denuncian unha vez máis a incompetencia e mala xestión do  alcalde Gonzalo Pérez Jácome. A recente anulación da concesión do servizo de limpeza e  recollida de lixo, valorada en 160 millóns de euros, é a última mostra dun goberno caótico  e irresponsable. A súa incapacidade para elaborar un contrato en condicións provoca  agora que Ourense siga cun servizo en precario, afectando tanto á calidade da limpeza  como ás condicións laborais dos traballadores.  

O noso voceiro municipal, Francisco Diéguez, advertiu que ‘’Esta situación non é un feito  illado, senón unha consecuencia máis da falta de planificación e transparencia do goberno  municipal. A falla de políticas serias en materia de contratación pública está a converter  Ourense nun exemplo de desgoberno e improvisación. Desde Podemos Ourense  consideramos inaceptable que a cidadanía teña que pagar as consecuencias das  neglixencias de Jácome e do seu equipo.’’  

Como partido de referencia na defensa dos servizos públicos, propoñemos medidas  urxentes para solucionar este problema:  

 1. Un novo contrato transparente e xusto, que garanta condicións laborais dignas,  a inclusión social e unha mellora efectiva da calidade do servizo.  

 2. Explorar a municipalización do servizo, para evitar novas irregularidades e  asegurar que os recursos públicos se empreguen con eficacia e responsabilidade.  

 3. Planificación rigorosa na contratación pública, co obxectivo de evitar situacións  de incerteza e garantir que os servizos municipais se xestionen con  responsabilidade.  

O goberno de Jácome está a demostrar, unha e outra vez, que non está á altura das  necesidades de Ourense.

Publicacións Relacionadas