HomeOurenseO CarballiñoDespois de investir 140 mil euros na Carballeira do Campo fai pouco...

Despois de investir 140 mil euros na Carballeira do Campo fai pouco máis dun ano, se sigan dedicando recursos a este espazo que xa tiña que estar totalmente acondicionado con tal inversión

- Anuncio -spot_img

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta que despois de investir 140 mil euros na Carballeira do Campo fai pouco máis dun ano, se sigan dedicando recursos a este espazo que xa tiña que estar totalmente acondicionado con tal inversión.

Lamentan os socialistas a propaganda institucional do alcalde do Irixo neste espazo onde se realizaron traballos co obradoiro de emprego despois de ser recibida e certificada a obra por importe deses 140 mil euros, traballos que debían estar xa feitos despois de ter investidos tantos millóns apenas fai un ano.

A propaganda institucional en período preelectoral de Manuel Cerdeira, so ben a ratificar pola vía dos feitos as súas trampas e a súa pésima xestión, dado que despois de ter investidos eses 140 mil euros que se lle pagaron a unha empresa, os alumnos do obradoiro de emprego tiñan que estar traballando en diferentes pobos e parroquias do Irixo que están totalmente abandonados e non nun espazo que debeu quedar perfectamente arranxado, preparado, axardinado e rematado despois de tan importante inversión.

Lamentan o despilfarro de recursos públicos no Irixo pois despois de 140 mil euros e ter certificado o remate das obras apenas fai un ano non se entende ter durante meses os alumnos do obradoiro de emprego e incluso traballadores e maquinaria do concello traballando nese mesmo espacio sobre os traballos supostamente xa acometidos…

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia que se paguen unhas obras que teñen que estar ben feitas e rematadas e non dúas veces, e alerta da pésima xestión e das trampas do actual alcalde Manuel Cerdeira.

Publicacións Relacionadas