HomeOurenseDetido un home de 31 anos por presunto delito de lesións no...

Detido un home de 31 anos por presunto delito de lesións no barrio do Couto

- Anuncio -spot_img

A pasada madrugada, as 0.25 horas, foi alertada a Sala de Comunicacións da Policía Local por unha liorta entre 3 persoas e indican que unha delas podería ir amada. Ao lugar, na rúa Monseñor Álvarez González, no barrio de Couto, trasládanse varias dotacións.

Ao chegar a primeira patrulla observa no chan unha persoa (vítima, 35 anos, veciño de Ourense) con varias feridas na cabeza, acompañado dunha persoa que o estaba atendendo, á vez que se solicitan os servizos sanitarios no lugar. Nese momento, son requiridos por un membro do CNP, libre de servizo que vería a agresión, que sinala a presenza dun dos agresores nas inmediacións (A). Este é interceptado polos axentes e tras o estado da vítima, que é trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario, ademais da manifestación doutra testemuña da agresión, procedeuse á súa detención e Instrución de Dilixencias Xudiciais, seguindo o CNP coas investigacións posteriores desta agresión.

Outras detencións:

O día 21 de decembro, ás 21.30 horas, na avda. de Portugal, produciuse a detención dun home de 42 anos, veciño de Boborás, por atentado a axentes, cando se atopaba moi alterado polo medio da calzada, desatendendo as indicacións dos axentes para que se retirase á beirarrúa. Dado o seu estado de excitación e agresividade foi trasladado ao CHUOU.

O día 22 de decembro, ás 8.00 h ás na rúa San Rosendo, no barrio da Ponte, procedeuse á detención dunha muller de 25 anos, veciña de Ourense, por atentado a axentes. Cando os axentes estaban denunciando un vehículo mal estacionado foron increpados pola detida, que non tiña relación co vehículo, quen, tras ameazalos e nun estado de grande excitación, agrediu un dos axentes. Dado o seu estado e agresividade foi trasladada ao CHUOU.

Publicacións Relacionadas