HomeOurenseOurenseEducación traballará as emocións co alumnado de 4º curso de Primaria a...

Educación traballará as emocións co alumnado de 4º curso de Primaria a través das ilustracións e do debuxo

- Anuncio -spot_img

‘Sentidos e simplicidade’, de Laura Tova, quere servir como complemento ás áreas de coñecemento de plástica e de pintura.

A Concellería de Educación, no marco do programa educativo Educación artística na escola, promoverá o obradoiro de ilustración ‘Sentidos e simplicidade’ entre o alumnado de 4º curso de Educación Primaria (9 anos) como complemento ás áreas de coñecemento de plástica e de pintura.

As emocións cobrarán importancia neste obradoiro, xa que serán canalizadas a través dos debuxos, xogando con texturas, formas e cores e elixindo entre distintas técnicas para encadernar os seus relatos.

Cada sesión terá unha duración de 4 horas -repartidas en dúas partes- e darán comezo o luns 25 de xaneiro no CEIP Mestre Vide. A luguesa Laura Tova desprazarase aos centros de ensino para traballar en grupos burbulla e levará o material necesario en bolsas individuais previamente desinfectadas para repartilas entre o alumnado participante.

Calendario:

25 xaneiro de 9.50 a 11,50 h CEIP Mestre Vide

26 de xaneiro martes de 9,50h a 11.50 CEIP Mestre Vide

27 de xaneiro mércores de 9,50 a 11,50 CEIP Mestre Vide

28 de xaneiro :xoves de 12.00h a 14.00h CEIP As Mercedes

29 de xaneiro: venres de 12.00h a 14.00h CEIP As Mercedes

1 febreiro luns de 12.00h a 14.00h no CEIP Prácticas

2 de febreiro martes de 12.00h a 14.00h no CEIP Prácticas

3 de febrero mércores de 12.00h a 14.00h no CEIP Prácticas

4 de febrero xoves de 9,30h a a 11.30h e de 12.00h a 14.00h no CEIP Prácticas

5 de febreiro : venres: de 12.00h a 14.00h no CEIP Prácticas

8 de febreiro áas 9.30h no CEIP Albino Núñez

10 de febreiro ás 10.20h CEIP Albino Núñez

Publicacións Relacionadas