· O líder local dos populares propuxo unha renovación do partido coa incorporación “de xente moza e ben preparada, pero sen esquecer aos veteranos”, para seguir optando a gobernar Trasmiras, ademais de loitar por manter o goberno na Deputación
· O presidente provincial, Luis Menor, destacou que Emilio Pazos representa esa xeración de alcaldes populares que grazas ás súas maiorías absolutas -cinco neste caso- “conseguiron dar estabilidade ao concello e por suposto tamén ao partido”
O Partido Popular de Trasmiras celebrou esta mañá o seu congreso local, no que Emilio José Pazos Ojea (Alemaña, 1975) revalidou a presidencia da agrupación. O tamén alcalde agradeceu o apoio por parte da militancia, anunciando o nomeamento de Delfín Paz Blanco -concelleiro ao que lle correspondería ser alcalde en 2006- como presidente de honra do PP de Trasmiras.
Pazos Ojea propuxo para esta nova etapa unha renovación coa incorporación “de xente moza e ben preparada, pero sen esquecer aos veteranos”. Un equipo “a futuro” para deixar o partido en boas mans no momento da súa retirada e seguir optando a gobernar Trasmiras, ademais de loitar por manter o goberno na Deputación.
O presidente provincial, Luis Menor, destacou que Emilio Pazos representa esa xeración de alcaldes populares que grazas ás súas maiorías absolutas -cinco neste caso- “conseguiron dar estabilidade ao concello e por suposto tamén ao partido”. O PP de Ourense, remarcou Luis Menor, precisa da experiencia de persoas que fan política “de tú a tú”, persoas de partido que desde moi novas -xa con 12 anos- participaban en campañas electorais.
Pero tamén o Partido Popular necesita das veciñas e veciños de concellos como Trasmiras, engadiu o presidente provincial, “que coa súa confianza permítennos gobernar”. Para gañar ese apoio, advertiu, o primeiro que necesítase é ter un partido sólido e unido- Por iso celebrouse este congreso: “para reafirmar ao voso presidente local e estar preparados ante a convocatoria de calquera proceso electoral”.



