HomeOurenseA PeroxaEntroido A Peroxa

Entroido A Peroxa

- Anuncio -spot_img

O Concello da Peroxa celebrará o Entroido 2026 o martes 17 de febreiro, cun desfile de disfraces que dará comezo ás 17:00 horas desde a Praza do Concello, amenizado pola Charanga Nova Trives. O concurso está aberto á participación de persoas de todas as idades, sexan ou non do municipio, sendo obrigatorio desfilar para optar aos premios. Establécense tres categorías: individual, parella e comparsas.

O Entroido da Peroxa repartirá un total de 1.375 euros en premios, destacando o primeiro premio á mellor comparsa, dotado con 450 euros.

As inscricións poderán realizarse no Concello ou o propio día do desfile antes do seu inicio. Desde o Concello anímase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta cita festiva, que combina tradición, creatividade e convivencia.

Publicacións Relacionadas