Un dos pratos fortes do Programa de Verán do concello de Barbadás chega esta semana, sera este xoves 21 de agosto ás 21h da man da compañía Valenciana LA FINESTRA NOU CIRC que vai a presentar o espectáculo “Tranvía nº12” coma sempre no Parque dos Patos (A Valenzá) organizado pola concellaría de cultura de Barbadás.
La Finestra Nou Circ e unha compañía valenciana creada en 2012 cuxo obxectivo é producir e difundir espectáculos cunha liña artística multidisciplinar que cheguen a todo tipo de públicos.
Os seus espectáculos combinan malabarismos aéreos, acrobacias, equilibrios e clown con outras artes escénicas como a música, danza e o teatro.
Sinopse:
Cinco personaxes diferentes reúnense nunha peculiar pararada dun antigo tranvía, estan nerviosos, desprazados, só teñen unha cousa en común, agardan.
Están preparadas para viaxar, descubrir que lles depara o seu destino… o tranvía esta alí agardándoos, pero sempre hai un motivo polo que nunca sae.
Esta emoción colectiva provocará neles unha forma inesperada de relacionarse, de coñecerse, descubrindo que teñen máis en común do que creian, moito talento, creatividade, o circo, o sentido do humor ante a vida e a súa peculiar resilencia.
Evento:Circo
Día: Xoves 21 de agosto
Hora: ás 21h
Lugar: Parque dos Patos ( A Valenzá)