Home O Ribeiro Melón Éxito da excursión organizada polo Concello de Melón a Portugal

Éxito da excursión organizada polo Concello de Melón a Portugal

- Anuncio -
  • Preto de 80 veciños e veciñas da vila gozaron dun día cheo de cultura, historia e gastronomía en Portugal grazas ao esforzo de todas as persoas que o fixeron posible.

O sábado día 18, o Concello de Melón organizou unha excursión a Portugal con motivo do 8M na que participaron preto de 80 veciños e veciñas da vila. Durante a excursión, os participantes puideron gozar dun día cheo de cultura, historia e gastronomía en Portugal, grazas ao esforzo de todas as persoas que o fixeron posible.

A excursión comezou cedo pola mañá, ás 8:00 horas,  a primeira parada foi na Catedral de Tui e despois no entorno de Vilanova de Cerveira visitando tamén a súa famosa  feira , onde os participantes puideron gozar dun ambiente festivo. Despois desfrutaron dun xantar nun restaurante portugués, onde degustaron algúns dos pratos máis tradicionais da súa gastronomía entre os que se atopaban o caldo verde e por suposto o Bacallau.

Posteriormente, a excursión continuou coa visita ao impresionante complexo relixioso Bom Jesus de Braga,  onde os veciños e veciñas puideron desfrutar dunhas vistas impresionantes e coñecer a historia e a cultura do lugar.

O alcalde de Melón, Emilio Díaz, aproveitou a ocasión para agradecer o traballo de todas as persoas que fixeron posible a realización desta excursión, en especial aos choferes dos autobuses e as guías que atenderon os veciños e veciñas en todo momento, e destacou a importancia deste tipo de eventos para fomentar o turismo e o intercambio cultural entre ambos países.

Durante a excursión organizada polo Concello de Melón, algúns veciños expresaron persoalmente o seu agradecemento Emilio, pola iniciativa e polo éxito da mesma.

Ante o recoñecemento dos participantes, Emilio afirmou estar moi satisfeito co resultado da excursión e comprometeuse a traballar xunto aos responsables para organizar a seguinte. Tamén destacou a importancia deste tipo de eventos para fomentar o turismo e a cultura na zona e para ofrecer aos veciños e veciñas de Melón  a oportunidade de coñecer lugares e tradicións diferentes, mesmo nesta sorprendeuse porque tivo un reencontro de dous amigos que había máis de cinco anos que non falaban, e coincidiron nesta excursión.

En definitiva, a excursión organizada polo Concello de Melón foi todo un éxito e contou coa aprobación e agradecemento dos participantes, quen xa agardan con entusiasmo a próxima excursión.

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas