Máis de 15.000 persoas participaron na noite de onte das festas no barrio de Barrocás, cuxo programa prevé está cheo de actividades durante o día de hoxe e o de mañá, luns -día da mocidade, con eventos especificos e descontos nas atraccións de feiras-.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, considérao “outro éxito do Concello de Ourense, que proporcionou a loxística e a orquestra principal do evento”. O rexedor pronunciou un conciso pregón, no que dixo que “Barrocás é o corazón e o futuro de Ourense, especialmente polo valor da súa mocidade”.



