Free Porn
xbporn
Home Ourense Galicia Calidade entrega o selo de garntía á Adega de Petín Terriña

Galicia Calidade entrega o selo de garntía á Adega de Petín Terriña

- Anuncio -

A xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, reuniuse hoxe cos responsables da compañía

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, reuniuse hoxe cos responsables da adega Terriñanas súas instalacións de Petín (Ourense), para facerlles entrega da certificación que acredita a posesión do selo de garantía de Galicia Calidade, con validez para os próximos trinta anos, que permitirá á empresa incluír a nova sinalización na súa fachada, así como engadir o distintivo nas diferentes accións para a súa promoción comercial.

Terriña, pertencente á familia bodegueira Méndez-Rojo, está formada por 25 hectáreas de viñedo, e figura como unha das adegas máis antigas da denominación de orixe Valdeorras. A responsable de Galicia Calidade destacou o “compromiso coa calidade dos viños” desta compañía, un dos valores fundamentais de Terriña, onde prestan atención á selección das materias primas, aos procesos de xestión, atención ao cliente, mecanismos de control e responsabilidade ambiental e corporativa.

Galicia Calidade é a marca que certifica os produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción. Na actualidade, conta con máis de 150 empresas adheridas e máis de 780 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

Publicacións Relacionadas