HomeOurenseGonzalo Jácome recibe unha delegación de alcaldes do Perú que visitan a...

Gonzalo Jácome recibe unha delegación de alcaldes do Perú que visitan a cidade coa Asociación internacional para a cooperación turística

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos do Concello unha delegación da Federación de Municipios Libres do Perú, entidade que agrupa 300 municipios do país americano, que visitan a cidade de Ourense, e da  Asociación internacional para a cooperación e o desenvolvemento turístico, entidade con sede en Ourense que preside Alejandro Rubín.

A delegación peruana, encabezada polo presidente fundador da federación e outros 3 alcaldes de diferentes zona do país, mantivo esta mañá un encontro coa asociación, coa que asinaron convenios de cooperación para o desenvolvemento sostible do sector turístico nos seus municipios. Tras a visita á Casa do Concello, participaron nunha visita turística á cidade e nunha degustación dos productos máis representativos da gastronomía galega.

Publicacións Relacionadas