HomeOurenseOurenseGonzalo Jácome reúnese co alcalde Juan Mari Aburto e visita zonas verdes...

Gonzalo Jácome reúnese co alcalde Juan Mari Aburto e visita zonas verdes e a praza de abastos de Bilbao

- Anuncio -spot_img

O rexedor quere dotar Ourense de parques infantís cubertos e visitou varios espazos destas características que existen na cidade vasca

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visita hoxe a cidade de Bilbao, en cuxo concello foi recibido esta mañá polo alcalde, Juan Mari Aburto. Na xuntanza, o rexedor ourensán coñeceu as claves da transformación experimentada durante os últimos anos pola cidade vasca, e do extraordinario impacto que supuxo a apertura do Museo Guggengeim Bilbao para súa posta en valor, actuando como estímulo da actividade turística e económica. Un proxecto, o do museo de arte contemporáneo que, lembra Pérez Jácome, xerara moito receo no seu día e que agora é un dos motores económicos da cidade de Bilbao e do País Vasco. O alcalde ourensán interesouse tamén por proxectos coma o de recuperación da ría de Bilbao ou o das zonas verdes e parques infantís da cidade vasca.

O goberno municipal quere dotar a cidade de Ourense de parques infantís cubertos xa que, segundo explica Pérez Jácome, “é unha demanda que nos fai moita xente e unha necesidade que ten a cidade, e á que lle queremos dar resposta”. Por este motivo, o visitou varios dos espazos destas características que existen en Bilbao, “para coñecer estes proxectos e tomar ideas para o que imos facer en Ourense”. A este respecto, o rexedor avanza que o obxectivo do goberno municipal é poñer en marcha proximamente na cidade tres ou catro parques de lecer destas características.

Gonzalo Jácome asinou no libro de honra do Concello de Bilbao, cun texto no que fixou alusión ás similitudes orográficas entre ambas cidades, rodeadas ambas por montañas e atravesadas pola canlee dun río. Logo visitou a Praza de Abastos e varios parques e zonas verdes.

Publicacións Relacionadas