O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, recibiu onte na Casa do Concello a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, quen lle solicitou a colaboración da nosa cidade nos campamentos de verán para a rapazada que organiza o seu concello. O rexedor manifestoulle a súa disposición e a do Concello de Ourense a colaborar nestas actividades.