Gumersindo Lamas Alvar (Sarreaus, 1965) renovou a presidencia da agrupación do Partido Popular de Sarreaus no transcurso do congreso local celebrado neste municipio e que contou coa participación do presidente provincial do PPdeOU, Luis Menor, da secretaria xeral, Sandra Quintas, ademais de membros da dirección do partido, afiliados e unha destaca presenza de simpatizantes.
Luis Menor puxo énfase na extensa traxectoria política do tamén alcalde de Sarreaus, que en xuño cumprirá 34 anos ininterrompidos á fronte da alcaldía, “o que demostra a súa vocación por mellorar a calidade de vida da súa veciñanza”. Nese compromiso coas xentes tamén destacou o seu traballo como presidente do GDR Limia-Arnoia, cun labor que, segundo afirmou”, baséase “no consenso á hora de unir esforzos nunha mesa dirección”.
Logo de máis de tres décadas como alcalde, Gumersindo Lamas asegurou que comeza esta nova etapa no PP de Sarreaus “co ánimo de traballar e contar con todos para participar na vida política local”. As eleccións, afirmou, “gáñanse no día a día”, e comprometeuse a “abrir ás portas” a todos cantos desexen estar “nun proxecto prometedor”.