Hoxe presentouse ante os medios da sociedade ourensá «Agora Ourense» un proxecto político que nace da obriga de ofrecerlle á cidadanía unha ferramenta política para acceder ao Concello, un espazo onde se vexa representada. «Agora Ourense» xorde do esforzó e o diálogo de seis forzas políticas.
Arroupado por diferentes cargos políticos das organizacións asinantes da coalición, Toño Naval sinalou que “Agora Ourense é o froito do compromiso e da xenerosidade dos partidos e dos distintos sectores da sociedade que aúnan as súas forzas dun xeito ilusionante para devolverlle a dignidade á cidadadanía de Ourense”.
Antía Vidal incidiu na “necesidade de fortalecer o tecido social e cultural do Concello, ademáis de ofrecer alternativas á mocidade tras anos de desleixo”.
Pola súa banda, Paco Molina afirmou que “o Concello de Ourense non pode ser moeda de cambio pola Diputación, desprezando o voto democrático da ciudadanía”.
Lola Lunch, remarcou “a necisade de recuperar a casa de acollida e dignificar ás mulleres obxecto de calquera tipo de violencia”
O 28 de maio a sociedade ourensá terá unha papeleta cun proxecto ilusionante, verde, feminista, cultural e participativo.
O proxecto e a lista da coalición estivo arroupada por referentes na política ourensá, como Manuel Peña-Rey, histórico dirixente comunista e médico, e David Bruzos, ex-deputado por Ourense e activista, entre outras persoas, así como por representantes do tecido asociativo, cultural e deportivo ourensán.



