Home Ourense Hoxe presentouse o primeiro dos quince “busitos” que se irán incorporando os...

Hoxe presentouse o primeiro dos quince “busitos” que se irán incorporando os vindeiros días

- Anuncio -

Gonzalo P. Jácome suliñou que os novos autobuses contribuirán a renovar unha frota de vehículos que tiñan máis de vinte anos de antigüidade

Esta mañá, o alcalde Gonzalo P. Jácome, acompañado por outros membros da corporación e persoal de confianza, desprazouse da Residencia até a Alameda nun dos novos autobuses que comezaremos a ver pola cidade de Ourense: os chamados “busitos”.

O alcalde destacou as características deste novo vehículo: “da marca ISUZU de oito metros e medio, dos urbanos máis pequenos do mundo, o que lle permitirá manobrar mellor e cunha capacidade de 21 prazas sentadas e de pé poderían chegar a corenta de maneira folgada aínda que poderían chegar a ir 60 persoas, segundo permite na lei”.

O Concello de Ourense mercou 15 unidades semellantes á inaugurada hoxe que se irán incorporando paulatinamente, de dous a tres por semana para, a continuación incorporar os autobuses eléctricos e chegar a un total de 40 novos vehículos que completarán a renovación da frota para a cidade de Ourense.

O alcalde anunciou tamén que se vai facer un prego exprés que agarda que estará asinado nuns dez ou quince días e ao tempo sairá a concesión para 10 anos para que non estea en precario.

Con esta incorporación de novos autobuses, o alcalde engade que “ hoxe é un bo día para Ourense e o ano que vén iranse introducindo as novas rutas e mais a gratuidade total que seremos os primeiros de España en facelo e que a xente o desfrute”.

Relacionadas

O Auditorio acollerá o 29 de decembro o novo espectáculo de Pablo Méndez: ATEMPO!

0
O Auditorio municipal de Ourense acollerá o venres, 29 de decembro, ás 19.00 horas, o novo espectáculo de Pablo Méndez: ATEMPO!. Como cada Nadal,...

O Concello impugnará a resolución da Xunta que arquivou a solicitude de declarar o...

0
O Concello de Ourense impugnará a resolución da Axencia Turismo de Galicia que arquivou a solicitude realizada polo Concello para declarar o Entroido de...

O Obradoiro de Instrumentos Populares da Deputación organiza a presentación do documental “Florencio López,...

0
O Obradoiro de Instrumentos Populares da Deputación de Ourense organiza a presentación do documental “Florencio López, o cego dos Vilares” da man do músico...

A Deputación e a Asociación de Artesáns exploran vías de colaboración para a posta...

0
O obxectivo é impulsar a formación e promoción de produtos artesáns, sinalou o presidente Luis Menor trala súa reunión coa presidenta do colectivo, Olga...

A Deputación de Ourense colabora con Manuel Campo Vidal na busca de medidas para...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuniuse hoxe no Pazo Provincial, co xornalista, comunicador e sociólogo Manuel Campo Vidal, para explorar liñas...

A Deputación participará nun grupo de traballo coordinado polo INE para un novo sistema...

0
O presidente provincial, Luis Menor, e a delegada do Instituto Nacional de Estatística en Ourense, Isabel Fariñas acordaron colaborar neste proxecto para dar unha...

Publicacións Relacionadas