Home Ourense O Carballiño I Concurso de Postais "Nadal Porta a Porta" do concello de Piñor

I Concurso de Postais “Nadal Porta a Porta” do concello de Piñor

- Anuncio -

Dende o Concello de Piñor infórmase da posta en marcha dunha iniciativa totalmente innovadora, destinada a fomentar o respecto e coidado ás persoas maiores, nunha época do ano tan importante como é o Nadal.

O Programa de Educación e Apoio á Familia municipal, financiado con Fondos Europeos e pola Consellería de Política Social e Xuventude, organiza esta actividade destinada a achegar os bos desexos para o Nadal a cada casa, a cada porta, sobre todo no caso das persoas maiores, que moitas veces no rural viven soas e illadas. Ademais, temos que ter en conta que o vínculo entre maiores e cativos no rural é moi plausible, sendo moitos os proxenitores que dependen da figura do avó/avoa en temas de conciliación, sendo un rol que é moi importante reforzar e destacar ante os menores, dándolle a importancia que require. Co I CONCURSO DE POSTAIS “NADAL PORTA A PORTA” preténdese obter unha postal que sexa a felicitación oficial do Concello de Piñor para chegar a cada casa, procurando que entre o Nadal en cada porta e, sobre todo, que as nosas persoas maiores se sintan acompañadas nunha época do ano tan importante coma esta. Implicando ós nenos e nenas nesta tarefa, procuramos fomentar na nosa infancia o respecto e coidado dos nosos maiores, axudándolles a producir un sorriso neste Nadal.

Os nenos e nenas interesados en participar nesta iniciativa, deben ter entre 6 e 16 anos de idade, e presentar o seu debuxo/postal no Concello de Piñor dende o 1 ó 11 de decembro ás 14h. As bases que rexen o concurso están publicadas na Sede Electrónica e nas redes sociais do concello, sendo as seguintes:
1- Poderán participar nenos e nenas de entre 6 a 16 anos de idade. Os traballos deberán ser debuxos que versen sobre o Nadal.
2- Os traballos deberán ter tamaño medio folio A4, en orientación vertical ou horizontal, de forma indistinta. Non poden levar datos persoais da súa autoría.
3- Soamente se admitirá un traballo por participante. Deberán entregarse no Concello de Piñor, nun sobre pechado, no cal se deberá introducir:

  • A postal/traballo realizado.
  • Outro sobre pechado cos datos persoais do/a autor/a no seu interior: Nome, apelidos, idade, poboación e teléfono de contacto.
    4- O prazo de entrega dos traballos será dende o 1 ó 11 de decembro ás 14:00. O lugar de entrega é Servizos Sociais do Concello de Piñor.
    5- O Xurado estará composto por membros do equipo de goberno e persoal municipal vinculados coa temática do concurso: Alcalde, Concelleira de Servizos Sociais e departamento de Servizos Sociais. Valorarán dous aspectos: orixinalidade e calidade artística, de 0 a 10 puntos. O debuxo máis votado será o empregado como postal oficial do NADAL PORTA A PORTA do Concello de Piñor. En caso de empate escollerase o debuxo do participante de menor idade.
    6- O traballo gañador será publicado no Facebook do Concello o día 13 de decembro.
    7- A participación neste concurso supón a aceptación de tódalas súas bases así como da interpretación que das mesmas efectúe o Xurado.
  • Esperamos a máxima participación nunha iniciativa tan especial, interxeneracional, solidaria e educativa. Máis información en Servizos Sociais.

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre...

0
Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños,...

Luis Menor convida á cidadanía a unirse aos 16 días de activismo da Deputación...

0
O presidente provincial anunciou a campaña no ámbito educativo a través da acción “ÚNETE-Eu non calo” na inauguración dunha exposición cos traballos recibidos no...

A Mesa de Calidade do Destino Ourense Termal incorpora a 22 novas empresas dentro...

0
Esta acción forma parte do Plan de Sustentabilidade Turística en “Ourense Termal” que executa a Deputación de Ourense, a través dun convenio de colaboración...

Publicacións Relacionadas