Tras o éxito do ano pasado, A Peroxa acolle a segunda edición da Ruta BTT con dous recorridos de 30 e 40 km, cun desnivel acumulado de 800m e 1200m, respectivamente.
A cita do domingo 14 de setembro terá como punto de partida e chegada a Praza do Concello da Peroxa, con saída ás 09:30 horas, e está organizada polos veciños da Peroxa integrantes da B.T.F. Vente O Lado Oscuro e o Concello da Peroxa, xunto coa colaboración de empresas locais e institucións públicas.
Os participantes poderán inscribirse na páxina web www.ligadamoto.com ata o día 10 de setembro. O prezo da inscrición é de 18€ por persoa e inclúe unha camiseta do evento, dous avituallamentos durante a ruta, pinchos ao remate e varios sorteos.