Home Ourense Jorge Encinas Arnau, novo xerente do Consello Municipal de Deportes do Concello...

Jorge Encinas Arnau, novo xerente do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense

- Anuncio -

O Consello Reitor do CMD aproba o nomeamento do avogado e deportista ourensán de tiro olímpico, que lle achegará ao cargo un dobre perfil xurídico e deportivo, de especial utilidade para a xestión do CMD

Jorge Encinas Arnau é o novo xerente do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. Así o acordou na súa xuntanza de onte o Consello Reitor do organismo autónomo encargado da promoción do deporte na cidade. O avogado e tirador olímpico ourensán accede ao cargo logo dun proceso selectivo ao que concorreron un total de 9 candidatos, dos que finalmente 3 cumprían cos requisitos esixidos na convocatoria. Na sesión de onte, que tivo lugar no salón de plenos, e presidida polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, o Consello Reitor aprobou a súa designación, logo de recibir os votos favorables dos representantes dos grupos políticos de DO, PP e C’s, coa abstención de PSdeG-PSOE e BNG.

O Consello Municipal de Deportes valora o dobre perfil de Encinas Arnau: xurídico e deportivo. Por unha banda, é un recoñecido abogado laboralista, con máis de 20 anos de exercicio profesional, cuxa experiencia e coñecementos xurídicos no ámbito do deporte resultan de especial importancia para a xestión do CMD. Por outra, trátase dun excelente deportista, na modalidade de tiro olímpico, que chegou a ser preseleccionado para participar nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92.

Jorge Encinas cubrirá a vacante deixada por Mario González, quen recentemente se incorporou á area deportiva de Expourense, e súmase ao equipo do CMD coa finalidade de seguir mellorando o funcionamento do organismo autónomo, adscrito á Concellería de Deportes, que ten como función promover o deporte, planificar, manter e xestionar as instalacións deportivas municipais e organizar actividades deportivas, entre outras.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

A Deputación reafirma o seu compromiso co agro limiao cunha achega de 100.000 euros...

0
O presidente provincial, Luis Menor, xunto ao conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e ao alcalde de Xinzo, Amador Díaz, detallaron en...

A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas...

0
— Os interesados poderán presentar as instancias ata o 8 de abril — O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila,...

O Concello aproba as bases do concurso que premiará os mellores maios e coplas...

0
O alcalde anima a participar nesta tradicional celebración, que estará amenizada cun concerto de María do Ceo O Concello aumenta os premios dos concursos de...

Publicacións Relacionadas