HomeVerínLazaJosé Ramón Barreal renova a presidencia do Partido Popular de Laza

José Ramón Barreal renova a presidencia do Partido Popular de Laza

- Anuncio -spot_img

·      O tamén alcalde de Laza expresou o orgullo que sinte polo seu concello e defendeu a calidade dos servizos dos que desfruta a veciñanza, afirmando que grazas a este traballo pode presumir tamén de partido: “ninguén vainos derrotar”

·      Luis Luis Menor subliñou a importancia destes congresos en tanto que serven para mostrar que “temos un inmenso equipo de persoas” que dan un paso á fronte para participar na vida política local, “e con vocación de servizo público”

José Ramón Barreal Novo (A Estrada, 1964) renovou a presidencia do Partido Popular de Laza no congreso da agrupación local celebrado coa presenza do presidente provincial, Luis Menor, e a secretaria xeral, Sandra Quintas.

O tamén alcalde de Laza expresou o orgullo que sinte polo seu concello e defendeu a calidade dos servizos dos que desfruta a veciñanza, afirmando que grazas a este traballo pode presumir tamén de partido: “ninguén vainos derrotar”. Laza, apenas sen paro e con poboación moza, “ten futuro por diante”, dixo José Ramón Barreal, que tivo palabras de recoñecemento  e agradecemento para o anterior alcalde popular, José Ángel García, “un mestre” co que estivo ao seu carón durante 23 anos.

O presidente da agrupación local defende que “estamos por encima dos nosos obxectivos”, ao tempo que destacou entre outras accións a nova residencia para maiores, que conta co financiamento da Deputación, a nova sede da Brif de Laza e, como proxecto, continuar cunha segunda fase para a base de Protección Civil, servizos de emerxencia “fundamentais como demostrouse este verán”.

Pola súa banda, Luis Menor subliñou a importancia destes congresos en tanto que serven para mostrar que “temos un inmenso equipo de persoas” que dan un paso á fronte para participar na vida política local, “e con vocación de servizo público”.

O presidente provincial tamén incidiu en que estas convocatorias son necesarios “para consolidar o partido, para facelo máis forte, para que a veciñanza vexa que estamos unidos” en torno a un proxecto político “que só busca mellorar a vida da veciñanza”.

Esas ideas de forza e unidade, dixo, “son as que nos diferencian doutras formacións, como aquí en Laza”. Por iso o PP é un partido que ofrece estabilidade política e no que confía a cidadanía, fronte ás coalicións que o único que pretenden “é conseguir o poder, de aí que acaben rachando por desavinzas”.

Publicacións Relacionadas