La Región retira a súa demanda ao Concello de Ourense por non convocar roldas de prensa

adminON
Lectura mínima de 1
  • A súa desestimación está á espera de ser admitida

O Goberno municipal acaba de coñecer que o xornal La Región vén de desistir da súa demanda contra o Concello de Ourense polo anuncio do alcalde, Gonzalo P. Jácome, de non convocar roldas de prensa.

O pasado mes de decembro o alcalde de Ourense anunciaba que substituiría as roldas de prensa por rodas informativas para evitar así a manipulación mediática. A continuación o xornal La Región denunciou este feito alegando que supuña unha vulneración dos dereitos fundamentais.

Nestes momentos están a espera de que a súa desestimación sexa admitida.

Comparte este artigo