Home Ourense O Carballiño Lino González encabezará a lista do PPdeOU no Carballiño

Lino González encabezará a lista do PPdeOU no Carballiño

- Anuncio -

· O presidente provincial, Manuel Baltar, celebra a incorporación “dun referente da sociedade carballiñesa, que da o salto á vida política municipal para contribuír á mellora da súa vila”

· Manuel Baltar destaca do novo candidato “o seu compromiso cos veciños e a súa capacidade para converter as potencialidades do Carballiño en novas realidades”

· O candidato popular enmarca este paso na súa preocupación polo público: “A miña actividade profesional -leva 22 anos traballando na oficina de Caixa Rural da vila- leva implícita unha estreita relación cos veciños. E estes vencellos son os que quero trasladar á política, co obxetivo de reforzar a miña proximidade cos problemas da xente e, agora dende a política, contribuír a resolvelos”

· O Partido Popular no Carballiño agradece a Lino González este paso: “Non hai mellor forma de conseguir cambiar o goberno municipal do Carballiño que por medio da participación de todas as persoas con inquietudes e gañas de mellorar o seu entorno, e o PPdeOU é, sen dúbida, o mecanismo perfecto

Lino González encabezará a lista do PPdeOU no Carballiño nas vindeiras eleccións municipais. O presidente provincial, Manuel Baltar, reuniuse co novo cabeza de lista para perfilar os detalles da candidatura, celebrando a incorporación “dun referente da sociedade carballiñesa, que da o salto á vida política municipal para contribuír á mellora da súa vila”.

Manuel Baltar destaca o “compromiso cos seus veciños” demostrado por Lino González, “un home con capacidade para liderar o cambio no Carballiño e converter todas as potencialidades da vila en novas realidades”.

Lino González, resalta o presidente provincial, “é unha garantía para o Carballiño, que o 28 de maio terá nas siglas do PPdeOU unha candidatura formada a partir do traballo diario, coñecemento do territorio e proximidade cos veciños, e cuxos nomes conformarán o próximo goberno da vila do Arenteiro”.

Pola súa banda, Lino González enmarca a súa chegada á vida política coa súa preocupación polo público: “A miña actividade profesional -leva 22 anos traballando na oficina de Caixa Rural da vila, da que hoxe é o seu director- leva implícita unha estreita relación cos veciños. E esos vencellos son os que quero trasladar á política, co obxetivo de reforzar a miña proximidade cos problemas da xente e, agora dende a política, contribuír a resolvelos”.

Dende o Partido Popular no Carballiño agradecen a Lino González este paso, “sabedores do que implica para calqueira persoa tomar a decisión de participar na política local”. Ao novo candidato, explican, “móveno as gañas de mellorar aquelas cousas e servizos que coma veciño da vila ven detectando a necesidade de mellorar”.

“Non hai mellor forma de conseguir cambiar o goberno municipal do Carballiño que por medio da participación de todas as persoas con inquietudes e gañas de mellorar o seu entorno, e o PPdeOU é, sen dúbida, o mecanismo perfecto”, conclúen os populares da vila.

Fillo de emigrantes

Lino González García (París, 1971) é fillo de emigrantes, retornados a súa terra en 1981. Casado e con dúas fillas, é empregado da oficina de Caixa Rural da vila, da que hoxe é o seu director. Vive no pequeno pobo de Miomás, na parroquia de Sagra.

Relacionadas

A rúa Bispo Carrascosa estará pechada ao tráfico mañá de 8 a 17 horas...

0
A rúa Bispo Carrascosa, no centro histórico da cidade, estará pechada ao tráfico mañá xoves, 25 de abril, de 8 a 17 horas, pola...

A Deputación saca a concurso un programa de apoio a emprendedores e consolidación empresarial...

0
Esta iniciativa, desenvolta polo Inorde, contémplase no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ourense Termal, a través do que se financia esta acción,...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Publicacións Relacionadas