Home Ourense A Limia Luis Menor avoga pola coordinación dos representantes electos do PP “para unir...

Luis Menor avoga pola coordinación dos representantes electos do PP “para unir esforzos e intercambiar iniciativas de interese para o noso territorio”

- Anuncio -

·        Preto dunha trintena de cargos permitirán articular unha comisión interparlamentaria provincial á que tamén poderán sumarse representantes políticos doutras zonas de Galicia ou de España para coñecer iniciativas de posible implantación na provincia

·        Subliñou  a destacada presenza adquirida polo PP de Ourense no novo goberno galego, con 13 altos cargos ourensáns, máis o novo peso que adquiren as antigas xefaturas territoriais, agora direccións: “Semella que toda esta representación precisa dunha maior coordinación entre todas as administracións onde goberne o PP”

Xinzo de Limia e Verín foron esta tarde os escenarios de peche de campaña do candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, que rematou así o seu percorrido por todas as comarcas da provincia para dar a coñecer o seu programa de propostas.

Ante compromisarios e militantes, Luis Menor repasou as principais liñas de traballo que ofrece para dirixir ao PP ourensán, entre as que citou as vantaxes que supón ter o maior equipo de representantes electos pola provincia nas institucións provincial, autonómica e nacional, e que facilitarán “a unión de esforzos e o intercambio de iniciativas de interese para o noso territorio”.

Neste sentido asegurou que preto dunha trintena de cargos permitirán articular unha comisión interparlamentaria provincial na que participen os representantes populares nas Cortes Xerais, no Parlamento de Galicia e na Deputación, incluíndo a posibilidade de invitar ás xornadas de traballo que se convoquen a outros cargos políticos doutras zonas de Galicia ou de España para coñecer iniciativas de posible implantación na provincia.

“O Partido Popular é un partido de Goberno e, como tal, dirixe case o 60 % das entidades locais, a Deputación e, nun nivel superior, a Xunta de Galicia”, puntualizou o candidato, que subliñou  a destacada presenza adquirida polo PP de Ourense no novo goberno galego, con 13 altos cargos ourensáns, máis o novo peso que adquiren as antigas xefaturas territoriais, agora direccións: “Semella que toda esta representación precisa dunha maior coordinación entre todas as administracións onde goberne o PP”.

Con este obxectivo propuxo unha comisión que coordine o labor dos cargos do partido, informando sempre que así se precise daquelas iniciativas que desde instancias superiores afecten aos concellos ourensáns, ou ben informando os concellos ou representantes comarcais daqueles asuntos susceptibles de ser atendidos polos cargos autonómicos, incluídos os parlamentarios.

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas