Free Porn
xbporn
Home Ourense Luis Menor confía en Sandra Quintas para a Secretaría Xeral do Partido...

Luis Menor confía en Sandra Quintas para a Secretaría Xeral do Partido Popular de Ourense

- Anuncio -

·      É a “persoa idónea” para o segundo posto en responsabilidade do PPdeOU, dixo o candidato á presidencia do partido, lembrando que ocupou a secretaría da xestora provincial desde a súa constitución, en novembro pasado, e dirixiu as campañas electorais das autonómicas e as europeas

O candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, proporá ao plenario do 19º Congreso provincial extraordinario do próximo 13 de xullo o nomeamento de Sandra Quintas, alcaldesa de Bande e directora territorial de Cultura, Lingua e Xuventude, como nova secretaria xeral dos populares ourensáns.

Sandra Quintas é a “persoa idónea” para o segundo posto en responsabilidade do PPdeOU, dixo hoxe Luis Menor tras facer público este anuncio, lembrando que ocupou a secretaría da xestora provincial desde a súa constitución, en novembro pasado, e dirixiu as campañas electorais das autonómicas e as europeas, nas que conseguimos grandes resultados”.

O candidato destacou “a inmensa capacidade de traballo” de Sandra Quintas, engadindo entre as súas principais características “unha visión moi ampla do partido, o coñecemento que ten dos representantes populares que ocupan postos de responsabilidade por toda a provincia, e a súa experiencia na administración galega”.  Ademais, a súa condición de alcaldesa “aporta ese carácter municipalista que é base de todo o partido”.

Agradecida pola proposta, Sandra Quintas afirmou que seguirá traballando coa mesma intensidade para consolidar o PPdeOU como “o partido de Ourense, un obxectivo para o que imos ter a un gran presidente”.

MESTRA, DIRECTORA TERRITORIAL E ALCALDESA

Diplomada en Maxisterio e licenciada en Psicopedagoxía, Sandra Quintas (Bande, 1982) é funcionaria de carreira da Xunta de Galicia do corpo de mestres, impartindo docencia desde 2007 e ata 2019 en diferentes centros educativos da provincia.

Achegouse á administración galega no 2019, cando foi nomeada xefa territorial de Cultura e Turismo, cargo que ocuparía ata o seguinte ano, cando pasou a ser xefa do Servizo de Coordinación Cultural. Na actualidade é directora territorial en Ourense da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Comezou a súa traxectoria política en 2015 como concelleira en Bande, accedendo á alcaldía cinco anos despois, en 2020, sendo unha militante activa tanto no seu municipio como na comarca da baixa Limia e a nivel provincial.

Relacionadas

O III Foro da Castaña centra a súa segunda xornada nunha agrupación forestal en...

0
Hoxe está a desenvolverse a parte práctica do Foro con dúas visitas de campo que comezaron en Parada do Sil, da man da Asociación...

O Grupo Popular interésase polos seguintes pasos que dará a Xunta en relación á...

0
• A candidatura ‘Paisaxe da auga: Ribeira Sacra’ promovida pola Xunta de Galicia é a proposta conxunta de España para a súa presentación ante...

Luis Menor agradece o traballo desenvolvido na 29ª edición do Festival de Cine e...

0
O OUFF vén de pechar a súa 29ª edición na Gala de Clausura do Auditorio Municipal cun notable éxito de público e crítica cinematográfica....

A Deputación pon a disposición dos concellos da provincia 4.000 entradas para que as...

0
Este evento, que aglutina formación e diversión a través dun espazo de multiexperiencias para todas as idades, ten lugar desde hoxe ata o 13...

O III Foro da Castaña analiza a evolución do sector a nivel internacional e...

0
Organizado pola Deputación a través do Inorde, este encontro tenta establecer unha comunicación áxil entre todos os axentes que interveñen na cadea de produción...

O mercado de antigüidades pasa para o domingo 13 de outubro

0
A carreira da Garda Civil deste domingo día 6 ocupará a Praza Maior e a súa contorna O mercado de antigüidades que organiza o departamento...

Publicacións Relacionadas