O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta mañá no seu despacho do Pazo Provincial ao capitán da Garda Civil de Tráfico Juan Carlos Nogueiras.
Menor despediu ao capitán, que cambia de destino e deixa Ourense tras 12 anos, para iniciar unha nova etapa profesional en Zamora como responsable do Subsector de Tráfico.
O presidente provincial agradeceu o seu traballo durante estes anos destinado en Ourense e desexoulle sorte na súa nova etapa.

